miércoles, 16 de septiembre de 2009

Nota de prensa onde explicamos a última reunión con representantes do PP

De A entrada de Corcubión


Membros do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión veñen de manter unha xuntanza co Partido Popular de Galicia. Acodiron á cita por parte de PP o voceiro do Mar do PPdG, José Manuel Balseiro Orol, a deputada autonómica Mª Soledad Piñeiro Martínez, Gema Freire, voceira local, e outros representantes do PP local. A reunión tivo lugar no Restaurante As Hortensias, en Corcubión.



O Colectivo expuso as razóns polas que non considera apropiado o proxecto de creación da praia artificial no centro da vila, pero quixo deixar claro que non quere que o investimento programado de 1,2 millóns de euros marchen do concello.

Unha das primeiras e máis importantes propostas que prantexa o colectivo é o Saneamento integral da ría, acorde co resto de concellos implicados. Tamén solicita o grupo o estudio conxunto do impacto ambiental dos proxectos que se van leva a cabo na ría. Neste sentido, os estudios ambientais do porto de Brens, a mariña seca, o porto deportivo de Corcubión-Cee e a rexeneración da praia de Corcubión non se teñen en conta os uns aos outros. A batería de razóns que prantexa o Colectivo (máis información en www.nonapraia.tk) foi exposta igualmente, como por exemplo os problemas cos postos de traballo das mariscadoras.



Os representantes do partido popular escoitaron atentamente ás explicacións do Colectivo pero tamén participaron con argumentos. Balseiro, logo de calificar o proxecto como "construción da praia artificial no malecón de Corcubión", indicou que "o PP vai manter o seu compromiso co mantemento dos nosos recursos". Así mostrou o seu interese en escoitar as inquedanzas do pobo de Corcubión. Coincide Balseiro co Colectivo en que o máis importante é o saneamento da ría, unha ría catalogada como "zona C".



A mesma Gema Freire sinalou que "o PP non está en contra da rexeneración de praias porque si", se non que neste proxecto en particular non está dacordo. De feito, lembrou o sentir do pleno de Corcubión, que a 12 de novembro de 2008 votou en contra do proxecto, con 4 votos a favor (os 4 concelleiros do PSOE) e 5 en contra (4 do BNG e 1 deo PP). Por esto mesmo, Gema preguntouse "Vai Costas facer un proxecto en contra do Pleno?", e dixo máis: "Coincidimos co Colectivo en que non cremos que Costas sexa capaz de estragar así máis de un millón de euros". E foi cando lembrou que foi o propio Rafael Eimil, de Costas, sinalara nunha reunión na vila de San Marcos que "Costas non faría nada que non queira o pobo de Corcubión".



Balseiro sinalou que "sabemos que a Conselleira de Mar tomará medidas sobre este asunto". Para finalizar, o voceiro de Mar do PP, Balseiro, afirmou que "imos levar a cabo unha iniciativa parlamentaria" con claro ánimo de "conseguir un acordo unánime dos grupos con representación parlamentaria para intentar a reconsideración do proxecto, ou cando menos, que se leve a cabo un informe ambiental máis exhaustivo", manifestou o voceiro.

1 comentario:

  1. Hoxe publican en "quepasanacosta.com" unha interesante nova relacionada coa contaminación da ría de Corcubión: Ferroatlántica é a quinta empresa de Galicia que máis contamina, e...¡a temos ao pe da ría!
    ¿Non será o momento comezar a pedir o seu trasalado cara Dumbría, por exemplo?, ¿acaso este non é un problema moito máis importante para a ría que a famosa praia de Corcubión?, ¿que opina disto a autoproclamada plataforma en defensa da ría?.
    Esperamos algunha iniciativa neste sentido desta plataforma, se non teremos que pensar que o feito ata o de agora non é máis que unha manobra política para desgastar ao goberno municipal de Corcubión.

    ResponderEliminar